Almorzos

Almorzos - Foto 1/1

TELÉFONO ALMORZOS: 651844169 (ANA NAYA)

NORMAS COVID USUARIOS


-    Todas as normas que estipule e/ou vaia estipulando ao longo do curso a dirección do centro: como o uso de máscara, prohibición de xoguetes, etc…

-    Desinfección do local pola empresa de almorzos. Entraremos  aprox. 1 hora antes para  desinfectar e airear o local.

-    USO DE MÁSCARA OBRIGATORIO.  Segundo o centro os alumnos deberán traer reposto na súa mochila. O servizo de almorzos terá ao dispor dos alumnos máscaras de reposto para que non  utilicen a que traen a maiores, e esa quédelles para o horario escolar.

-    Os PAIS NON ENTRARÁN Ao COMEDOR.

-    A porta de entrada ao comedor permanecerá aberta para evitar  contagios.

-    Colocarase un  felpudo con xel para desinfección do calzado.

-    Usarán xel para desinfección de mans.

-    sentarán cada un nun sitio asignado fixo. Almorzarán e permanecerán todo o tempo no mesmo sitio.

-    Os alumnos esporádicos  terán un sitio destinado a este fin e cada día anotaremos nunha folla visible para o centro quen acudiu cada día ao servizo.

-    As saídas para ir ao cole faranse graduadas segundo indicacións da dirección do centro.

-    Segundo normativa do centro non se poden traer ningún xoguete de casa.

-    NOTA: NON TOMAREMOS A TEMPERATURA.


PERSOAL


-    Entrada 1 hora antes para  desinfectar.

-    Lavado de man continuo durante todo o servizo.

-    Máscara obrigatoria (só usarase no almorzo) debemos traer unha dá casa.

-    Uniforme cada día tráese de casa e leva para lavar.

-    Desinfección final e aireado do local.


NORMAS DE FUNCIONAMIENTO ALMORZOS

PARA A SITUACIÓN DERIVADA DA PANDEMIA POR COVID-19


1.    Por motivo da situación derivada da pandemia por COVID-19, os país ou  turores dos alumnos aceptan por medio de este impreso, as circunstancias e riscos  que esta situación pode conlevar  durante o desenvolvemento do servizo.  Así mesmo,  entenden que  á empresa, a AMPA, e a dirección do centro non son responsables das continxencias que poidan xurdir en relación coa pandemia durante a realización da actividade.


2.    O servizo de almorzó e permanencia xestiónanse a través da AMPA. Contrátase a empresa ANA NAYA ERIAS, que será a encargada do coidado dos rapaces durante todo ó horario. As diferenzas  de importes da opción NO SOCIOS, son decididos pola AMPA, e van destinadas íntegramente á asociación.


3.    As altas, baixas e modificación faránse preferiblemente  antes do 25 do mes anterior, con fecha límite ó último día lectivo do mes anterior. A DÉBEDA DALGUNHA MENSUALIDADE IMPLICA NO  PODER ACUDIR AO SERVIZO.


4.    O pago do mensualidade farase en 2 pagos mensuales. O primeiro na primeria quincena e o sengundo na segunda quincena do mes. O pago farase en efectivo ou por domiciliación bancaria  según preferencia dos usuarios.


5.    A empresa encargada do servizo así coma os usuarios comprométense a cumplir as normas de funcionamento.


6.    A empresa encargada do servizo comprométese a cumplir a lei orgánica 17/1999 de protección de datos de carácter personal.


ALMORZOS

7.    O horario será dende as 07:30 ata as 09:30 horas. OS ALUMNOS QUE ALMORZEN NO CENTRO DEBEN CHEGAR ANTES DAS 09:00 HORAS. OS NENOS QUE CHEGUEN MAIS TARDE DESTA HORA  DEBERÁN VIR ALMORZADOS DA CASA.


8.    Os país dos alumnos comprométense a avisar inmediatamente ós monitores do servizo de calquera alerxia, intolerancia ou enfermidade que poda repercutir no bó funcionamento de dito servizo, tendo que remitir informe facultativo, si á empresa o considera oportuno.


9.    Os usuarios do servizo deberán traer da casa tódolos días os enseres necesarios para o seu aseo bucal.


10.    O menú será o mesmo para tódolos alumnos. Deberá estar exposto no comedor nun lugar visible. 

A EMPRESA NON SE FARÁ CARGO DE APORTAR MENÚ SUSTITUTIVO ATA QUE SE NOTIFIQUE  A ALERXIA OU ENFERMIDADE E SE ACHEGUE POR ESCRITO O MENÚ ALTERNATIVO.


PERMANENCIA

11.    O horario será dende as 08:30 ata as 09:30 horas.Os alumnos deste servizo non poderán entrar antes de esta hora 

12.    Os alumnos de este servizo non almorzarán no centro.


SERVIZO DE ALMORZOS:

Consiste en ofrecer un almorzo saudable a todos aqueles nenos que o soliciten. Existe a posibilidade de facelo todo o mes ou de forma esporádica. Ao descargarvos o impreso de inscrición, obteredes toda a información necesaria.

SERVIZO DE PERMANENCIA:

Consiste en ofrecer un servizo de coidado dos nenos antes do inicio do horario escolar, que non inclúe almorzo. Isto é, os nenos deberán vir almorzados de casa. No impreso de inscrición tedes toda a información necesaria.


MENÚ

LUNS:  IOGURT, LEITE E SANDWICH  

MARTES: FROITA, LEITE E BOLOS

MÉRCORES: ZUME NATURAL, LEITE E CEREAIS

XOVES: FROITA, LEITE E GALLETAS

VENRES: ZUME NATURAL, LEITE E TOSTADAS


Descargar documentación