COMUNICADO DA AMPA

Ampa Tarrío 30 Setembro 2020 COMUNICADOS
COMUNICADO DA AMPA 1/1

‼️MAÑÁ ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE Á  MULTIACTIVIDAD‼️

???? Xa temos os Monitores que nos faltaban para completar os 18 que fan falta para levar a cabo a  Multiactividad. As actividades serán:


    1.    PINTURA

    2.    PINTURA (hai dúas monitoras diferentes)

    3.    MANUALIDADES 

    4.    MANUALIDADES 2 (monitores diferentes)

    5.    CAPOEIRA

    6.    TAEKWONDO 

    7.    TALLER DE CIENCIAS 

    8.    INFORMÁTICA 

    9.    XOGOS EN INGLÉS 

    10.    PATINAXE

    11.    BALLET

    12.    TEATRO 

    13.    BAILE MODERNO

    14.    PRIMEIROS AUXILIOS E IOGA

    15.    PANDEIRETA

    16.    CIRCO (malabares, globoflexia, papiroflexia,...)

    17.    XOGOS CON PELOTA/BALONMÁN 

    18.    APOIO E TÉCNICAS DE ESTUDO (axuda cos deberes, reforzo, sistemas de memorización, aprender a resumir, a  esquematizar,...)


???? Esta mañá tivemos nosa segunda reunión co Concello de Culleredo para tentar conseguir unha axuda económica e poder subvencionar máis a cota da  Multiactividad. Cuestión que se complica porque a necesitamos xa e hai que seguir uns trámites que dificultan e atrasan o proceso demasiado. De todos os xeitos, como a intención é moi boa, van tentar buscar a forma de axudarnos, aínda que é complicado por motivos burocráticos totalmente alleos á real vontade que existe pola súa banda e que queremos agradecer desde aquí. 


???? A día de hoxe non alcanzamos a cifra mínima de nenos para poder levar a cabo a  Multiactividad. Mañá é o último día para facelo. Sen ese MÍNIMO de participantes, NON poderemos levala a cabo porque non se podería pagar aos monitores. 


????ANIMARVOS! Os vosos fillos estarán nunha contorna segura, coñecendo e experimentando novas actividades cada semana e facilitando o control do recreo vixiado. 


Calquera dúbida resolvémosvola por  mail a info@ampatarrio.com, ou chamando ao noso móbil 644 47 55 86.