Nova inscripción Socios

Ampa Tarrío 19 Agosto 2021 COMUNICADOS Información
Nova Inscripción Socios 1/1

Queridos pais, nais e titores legais dos nosos nenos e nenas do C.E.I.P de Tarrío, iniciamos un novo curso coa esperanza de que pouco a pouco vaiamos normalizando a situación provocada pola pandemia.

Estamos chegando ó comezo do novo curso 2021/2022 e necesitamos o apoio de todos vós, para realizar as actividades previstas e as que vaian xurdindo no decorrer do curso. E ise apoio precisamos que se materialice, tendo o maior número de socios e socias posibles.

Podemos, polo tanto, facernos socios a partires do luns 23 de agosto das seguintes maneiras:

1º A través da nosa páxina web, www.ampatarrio.com, clicando en Faite Socio.

2º Descargando o PDF que adxuntamos, facendo transferencia a conta da ANPA que no impreso indicamos e despois facéndonolo chegar por email a info@ampatarrio.com

Documentación