A Multiactividade

Ampa Tarrío 14 Xuño 2021 COMUNICADOS Información
A Multiactividade 1/1

MULTIACTIVIDADES


    A pandemia vai remitindo, pero aínda segue sendo unha ameaza. As previsións son, cada día que pasa, máis optimistas. @s nos@ nen@s pasaron por etapas moi duras, pero souberon superalas de tal xeito que, ás veces, nos emocionaron coa súa madurez.

    Pero non é menos certo que tiveron que renunciar, entre outras cousas, ao seu tempo de lecer.

    Esta é a intencionalidade das actividades: devolverlles unha parte dese tempo perdido e recuperar a alegría, os xogos, as ilusións… tan necesarias para o seu desenvolvemento humán, social e persoal.

    O obxetivo primeiro, pois, é que se divirtan e se evadan ao traverso de accións lúdico-deportivas. Que volvan ser el@s mesm@s e disfruten das cousas propias da súa idade: brincar, correr, xogar coas mans, imaxinar, compartir…

    A situación non nos permite facer as actividades como quixéramos, polo que tod@s temos que esforzarnos en ser máis flexibles, pragmátic@s e positiv@s no beneficio d@s nos@s rapaces.

    Para a tranquilidade de tod@s – incluída a nosa – os grupos burbulla terán un/ha monitor/a por aula, que adaptará a actividade ás idades correspondentes.

    Lembrade que aínda tedes ata o día 22 para apuntal@s ás actividades. Podedes facelo a través da páxina web, da ficha que levaron @s nen@s na axenda ou tamén mandando un correo electrónico a info@ampatarrio.com

    As actividades serán de 15.30 a 16.30 horas, de luns a venres.