Estimados socios e familias.
Abrimos unha nova etapa, despois de tempos duros. Retomamos – aínda con precaucións porque a situación non é a idónea – as nosas vidas con máis optimismo e confianza. Estamos ilusionados con que o novo curso poida representar un salto cualitativo nas relacións entre pais-nais, educadores, actividades,…
Esta nova Xunta Directiva –valorando o traballo da anterior- ven co ánimo de que se vaian normalizando as cousas e contribuir á millora e estabilidade das accións que redunden no beneficio d@s nos@s fill@s.
Pretendemos retomar e ampliar as iniciativas máis axeitadas para un millor funcionamento da ANPA.
E, nese camiño, xa dimos os primeiros pasos;
• Actualizamos o logo da ANPA coa clara intencionalidade de amosar unha imaxe máis fresca e actual.
• Estamos modificando varios contidos da páxina web para que sexa máis dinámica e participativa.
• Creamos un grupo de Telegram para que a información sexa máis fluída.
• Temos prácticamente pechadas as actividades deste ano así como comprometid@s @s monitor@s. Axiña publicaremos cales van ser e cando poderedes facer a preinscrición.
As propostas e inciativas bulen con forza ate que tomen forma como realidades.
Imos traballar arreo para acadalo, pero… necesitamos a vosa axuda. Precisamos que apoiedes a ANPA.
E a millor forma de facelo e ter o maior número de soci@s para, dise xeito, implicar neste proxecto a tod@s e obter máis beneficios económicos que nos permitan acometer con garantías de éxito todos os proxectos que xurdan.
Nos tedes ao voso dispor polos medios xa coñecidos e, cando se poida, pola pandemia, na oficina do colexio.
Sabemos que a parte educativa está garantida como así o amosa curso a curso a Dirección do Centro e o profesorado . Nós temos que ser ese apoio que axude para que @s nos@s fill@s teñan as millores condicións para a súa formación humana, social e educativa.