Convocatoria Xunta Ordinaria de Socios ANPA Tarrio

Ampa Tarrío 12 Abril 2021 COMUNICADOS Información
Convocatoria Xunta Ordinaria De Socios ANPA Tarrio 1/1

Comunicamos a todos os socios, vía  mail, sobre a convocatoria  da Xunta Ordinaria de Socios da  AMPA.


A Xunta Ordinaria terá lugar o XOVES 22 DE ABRIL ás 20:00 h. Haberá unha única convocatoria porque esta reunión realizarase en liña por circunstancias excepcionais. 


A orde do día será o seguinte .


1.    Lectura e aprobación da acta anterior 

2.    Resumo breve do presente curso. 

3.    Presentación e aprobación do novo  logo da asociación 

4.    Estado de contas

5.    Toma de decisión respecto dos desaxustes económicos nas contas da directiva anterior 

6.    Convocatoria de eleccións aos cinco postos vacantes que quedarán na directiva. A votación realizarase o xoves 6 de maio, de 14:00 h. a 17:00 h. 

7.    Rogos e preguntas. 


Como observariades, hai varios temas de especial interese que tratar e por iso pedímosvos o esforzo de que alguén da unidade familiar poida conectarse o día e hora sinalados para poder contar con cuantos máis  soci@ s, mellor. 


Grazas unha vez máis polo voso apoio e colaboración. Esperando que vos atopedes  tod@ s ben, enviámosvos un cariñoso saúdo e os nosos mellores desexos. 


DIRECTIVA DA  AMPA ROSALÍA DE CASTRO 

CEIP TARRÍO