Queridas familias;
Como xa vos decataredes a través de Telegram, o colexio inicia unha Campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene.
Nós queremos apoiarlles e por iso animámosvos a participar.
Sabemos que os produtos para nenos (cueiros, potitos, latas de leite para bebés, toallitas, ...) é o máis demandado, aínda que alimentos en botes de cristal (cenorias, chícharos, espinacas, etc.) tamén son ben recibidos e aqueles que sirvan para poder completar os pratos de pasta de forma saudable (tomate frito, latas de atún, etc). Os produtos de hixiene básica serían xel de ducha, champú, pasta de dentes, papel hixiénico, ... Por suposto, son só suxestións para participar na campaña de Tarrío, ademais dos habituais como pasta, leite, arroz,...
Son tempos difíciles que entre tod@ s conseguiremos darlles a volta para poder volver á tan ansiada “normalidade”, que antes viviamos case sen valorar e que botamos tanto de menos. Agora máis que nunca, quedarvos na casa todo o posible e coidarvos moitísimo.
Boa fin de semana a tod@ s e moita saúde!