‼️Ola familias‼️
Este xoves día 1️⃣0️⃣ de decembro iniciamos unha Campaña solidaria de recollida de doces do Nadal????en colaboración co propio colexio de Tarrío, o Concello de Culleredo e Cruz Vermella, que será quen realice a repartición entre as familias.
Recentemente acaban de entregarse alimentos de primeira necesidade en Culleredo, é por iso que se nos ocorreu a idea de recoller doces típicos do Nadal porque non se inclúen nesas bolsas xa repartidas.
❗️Que todas as familias poidan celebrar as súas festas do Nadal❗️
Trae ao colexio polvorones, turrón ou variedades do Nadal para participar nesta Campaña Solidaria iniciada por nosa AMPA Rosalía de Castro do CEIP de Tarrío.
Haberá un contedor na porta #arco# da vella, baixo a pérgola, fóra do edificio, onde se poderán deixar as bolsas. Lembrade que hai que ter a máscara posta e manter a distancia de seguridade no caso de que se forme algo de cola.
Grazas pola vosa solidariedade ???? e colaboración ????
Manterémosvos informados da marcha desta Campaña Do Nadal solidaria que empeza o 10 de decembro e finaliza o mércores 16 de decembro. No cartel tedes toda a información ✨????✨