Querid@ s soci@ s:
Levamos tempo sen poder reunirnos con todos vos e temos pendente a realización da Xunta Ordinaria, que se tería que levar a cabo por estas datas, pero dadas as restricións impostas por mor da pandemia, énos imposible realizala, aínda que estamos a valorar a opción de celebrala en liña. Darémosvos todos os detalles en breve.
Mentres tanto, informámosvos do que estivemos facendo desde a Directiva durante este inicio de curso:
• Reunións coa dirección do centro escolar para coñecer e achegar ideas ao protocolo AntiCovid desde o mes de agosto.
• Organización, elaboración e preinscrición no proxecto da Multiactividad, para tentar que os nenos non quedasen sen actividades extraescolares. Iso supuxo reunións varias entre nós, con monitores, coa dirección do centro e tamén co Concello.
• Decoración do local da AMPA por Samaín.
• Asistencia ás reunións dos dous Consellos Escolares do colexio.
Actualmente estamos a organizar outros proxectos:
⁃ Instalación de purificadores de aire nas aulas e no comedor para mellorar a protección antiCovid e evitar ventilar as aulas. Proposta practicamente descartada porque o protocolo da Xunta esixe expresamente a ventilación e porque parece que está a ser eficaz. Non parece ser moi necesaria dita investimento.
⁃ Campaña de recollida de alimentos. Estamos a elaborar o proxecto para presentalo #ante a dirección do centro e que nos permita a súa posta en marcha.
⁃ Celebración do Nadal: estamos a tentar buscar medios seguros para que os nenos poidan ter algún evento festivo apropiado para estas datas.
⁃ Subvencionar aos soci@ s as saídas e/ou excursións que o centro escolar realice.
⁃ Modernización do logo da AMPA.
Estamos abertos ás vosas propostas e suxerencias, que podedes enviar ao noso mail info@ampatarrio.com
Moitas grazas a tod@ s por estar sempre apoiándonos. Esperamos que vos atopedes ben e enviámosvos un caloroso saúdo.
A XUNTA DIRECTIVA
AMPA ROSALÍA DE CASTRO
CEIP DE TARRÍO