CONCURSO NADAL 3-6 ANOS

Ampa Tarrío 01 Decembro 2020 COMUNICADOS Información
CONCURSO NADAL 3-6 ANOS 1/1

Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) deixannos este comunicado sobre un concurso que teñen para os mais pequenos da casa.

"Animamos aos máis pequenos da casa a fixarse nos seus pés e crear con/sobre eles unha postal de Nadal. 

Participar no concurso é moi sinxelo; está dirixido a nenos/as de entre 3-6 anos; só hai que imprimir a plantilla que vos anexamos neste enlace, cubrila, debuxar nela e enviala a concurso@copoga.com antes do día 14 de decembro.

A obra gañadora servirá de imaxe na postal de Nadal que o Colexio envía ás demais entidades/institucións e tamén ós colexiados. 

O autor/a do debuxo gañador recibirá de agasallo unha caixa regalo “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos” onde poderá elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal.

Asemade, todos os participantes recibirán un set de pintura que consta de 10 lapis de cores, acuarelas con pincel e 1 afiador.

Agardando contar coa participación de todos as nosos/as pequenos/as; despedímonos atentamente,

 Xunta de Goberno"


Documentación